A mesa de luz é unha ferramenta didáctica que proporciona múltiples beneficios no desenvolvemento integral d@s nen@s. A continuación, presentamos as principais áreas que se traballan a través destas actividades:
Beneficios Xerais 🖐🧠
- Axuda ao desenvolvemento das habilidades motoras finas.
- Favorece as habilidades cognitivas.
- Promove o desenvolvemento das habilidades lingüísticas.
- Contribúe ao crecemento social e emocional d@s nen@s.
- Axuda aos nen@s a relaxarse.
- Estimula a creatividade.
- Proporciona un sentido de «equilibrio».

Comprensión 🧩
- Búsqueda visual.
- Conciencia espacial e perceptiva.
- Fomenta a competitividade sa.
- Seguir instrucións de maneira lúdica.

Lectoescritura ✏️📚
- Asociar sons coas imaxes ou letras.
- Formar palabras de maneira manipulativa.
- Escribir letras sobre a mesa de luz, favorecendo a aprendizaxe visual e táctil.

Morfosintaxe 🧠🎨
- Traballo das habilidades motoras finas.
- Recoñecemento de formas e cores a través de xogos de clasificación.
- Descripcións orais e xogos de vocabulario.
- Estimulación sensorial mediante texturas, luces e movemento.

Cálculo 🔢
- Traballo de secuencias de números.
- Uso da referencia visual para resolver actividades de lóxica matemática.
- Conteo de cantidades.
- Formación dos números coas mans ou obxectos.
- Actividades de pintura con luz para aprender conceptos numéricos.

Fonoloxía 🔊
Actividades específicas para a articulación dos sons.

Funcións Executivas 🧠💡
- Exercicios de atención sostida e selectiva a través de xogos interactivos e retos visuais.